novidades

coleccións

autores sobre nós

A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O furancho

Este volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase con Fitness (2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette (Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en 2016.

A liña mestra de Ibuprofeno Teatro é a procura dunha linguaxe propia e recoñecible para falar dos temas clave dunha sociedade globalizada e complexa, que condiciona os personaxes e os leva a situacións absurdas, cargadas dun humor acedo e sarcástico.

            

Cortegoso Calvar, Santiago

ISBN: 978-84-15166-62-7
Nº Páxinas: 172
Ano: 2016
Formato: Rústica
Medidas: 130 x 215 mm
PVP: 14 €
                              





Política de privacidade